[postlink]http://galizatube.blogspot.com/2011/01/ruxe-ruxe-neve.html[/postlink]http://www.youtube.com/watch?v=zGaRk6kOcSIendofvid[starttext]A min, que chamei ás portas do inferno,
a min, que camiñei pola corredoira escura,
a min, que falei coas pantasmas máis macabras,
a min, que arrepío a cada hora, a cada intento.
Dáme inverno, dáme o teu vento ferido,
e dáme inferno, dáme o teu lume prendido,
dáme ascuas, que quenzan os meus pecados
e dáme neve para o meu corazón ... xeado.
E fan múltiples formas hoxe as nubes no ceo,
e ti pasmas a mirar con ese vello catalexo,
e xa sei o que andas a buscar máis alá da estratosfera
pero canto máis te achegas, esa luz máis se alonxa.
E aquí abaixo entre a terra, entre raíces e miñocas,
estou xordo coma unha tapia e non escoito esas notas,
e mergullo entre corais no fondo azul do océano,
estou espido e fico quieto, non sinto nada e teño medo.[endtext]

0 comentários:
Postar um comentário