Os Rastreros - O sacristán de Basán

[postlink]http://galizatube.blogspot.com/2011/02/os-rastreros-o-sacristan-de-basan.html[/postlink]http://www.youtube.com/watch?v=dnvhHgEQCCkendofvid [starttext] - Letra:

Seica hai
petróleo alí en Basán,
na finca
do vello sacristán.

Alá van
as multinacionais
para plantar torretas aló.

Danlle ao vello mil millóns
pola casa o prado e unha porca.

"Non señor"
-díxolle o sancristán-
"non vendo
nin por mil nin por máis.
Si, aquí
nacín e morrerei"
-díxolles
coa carabina ao pé.

Non entenden na "ciudá"
perder tanto por un vello tolo.

"Non sairei,
teranme que botar!
Eu só quero
que me deixen vivir en paz! "

Pero chegan con camións
e perforan todo sen permiso.

Pum! Pum-pum!
Alá van os perdigóns
para bater no cu do capataz.
Xa se van
como se os levara o Demo.
Ri, tristán,
que xa no voltarán máis.

Pasa can, pasa can, que ven o sacristán!
Pasa can, pasa can, que ven o sacristán!
Pasa can, pasa can, que ven o sacristán!
Pasa can, pasa can, que ven o sacristán!

RA-TA-TA-RA-TA-TA
RA-TA-TA-TA-TA-TA!

Fonte: http://www.xabarin.org[endtext]

0 comentários:

Postar um comentário